martes, 1 de decembro de 2015

jarabe de tos

paso a paso expectorando

mércores, 6 de maio de 2015

equilátero

para abrir os ollos
baixo a noite nuclear 
necesito a túa man tímida 
e desinteresada

o teu pensamento tricolor
calmando o meu
tan escorregadizo tan cheo de todo tan cheo 
de nada

había un monstro de tres cabezas esperando a comerme
a descoserme 

e ti cos teus ollos coses as cicatrices da noite
unha e outra vez desenredándome as pernas
creas siluetas simultáneas que borran o eco do tártaro





mércores, 7 de xaneiro de 2015

golpeáchesme cunha bombona de propano
xusto nese oco limbático da consciencia
estou ferida
quero levantarme e arríncasme as pernas
quero ver e dispárasme gas lacrimóxeno
prégoche unha tregua

desenfundas a espada da ira
afiada nos meus ollos sanguentos
mordisqueas as miñas cordas vocais

xa non podo berrar

...

agora xa non importa
estou intoxicada da túa burundanga

descóseme ata a médula
perfórame o cráneo

xoves, 13 de novembro de 2014

N

constantemente caendo
constantemente no precipicio
constante mente retorcida
descendo entre o furor dos meus propios berros
coma unha mosca na xanela
chocando unha e outra vez no mesmo ángulo diminuto
coma se o gran cristal non existira
coma se quixera obviar esa saída

creo que Nicómaco estaba no certo
hoxe invitoume a dar un paseo
por entre as miñas paranoias oníricas
omnisciente paseo por entre as ruínas do que foi
do que xa non é e azota salvaxe nos miolos

nacimos siameses de corpo enteiro
separáchesme cun coitelo
Nicómaco

separáchesme cun coitelo

xoves, 5 de xuño de 2014

oclusiva bilabial xorda

florecerá o teu paraíso
fondo e sutil
acariciarei suave as follas
-coma o mel cae pola gorxa-
e fortalecerá o talo

nacerá unha oda de cada ángulo obtuso
que forma as milimétricas pezas do reloxo acelerado
-tocarei tódolos instrumentos da orquestra-
un perfecto 42

levarei o vento coa flor
a flor co vento
fortaleza xa de milleiros de visitantes

Un tornado que se volve por fin onda expansiva

e se expande

(expandémonos)


PAZ